Hoxe é Venres 3 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os redondeláns Théo e Alex Gourdon Rafael líderes no Campionato de España de Supermotard

WhatsApp Image 2024-04-19 at 08.38.19

O Campionato de España de Supermotard celebrouse a mediados de abril no Complex do Motor do Circuit d’Albaida en Valencia. Os dous irmáns participaron co seu propio equipo Team GR Husqvarna e puxeron o aliciente no campionato estatal.Alí Theo gañou o primeiro posto na categoría SMRoad e Alex destacou por ser o máis rápido do circuíto, pero sen chegar a vencer por una penalización na segunda manga.

Durante o desenvolvemento da primeira manga o motorista Nahir Cano colleu vantaxe e aínda que aguantou como líder, non puido desfacerse de todo dos irmáns Gourdon e de Aitor Cremades, nas primeiras voltas. Theo e Alex, mantivéronse no terceiro e cuarto posto, respectivamente, loitando entre eles por pechar o top tres. Cando faltaban ao redor de 5 minutos para o final, Aitor, Alex e Theo xuntáronse para pelexar por cruzar a meta detrás de Nahir. Alex superou a Aitor e tirou ata chegar aos dominios de Cano e a pelexa pasou a estar entre estes dous pola vitoria. Finalmente, Nahir aguantou as acometidas de Alex e venceu. Gourdon Rafael foi segundo e Cremades terceiro.

Durante  a segunda manga, a de SMRoad. Na saída Theo púxose na cabeza con Cremades e Cano detrás. Cando só pasaran unhas poucas voltas, Aitor foise ao chan e Alex e Nahir quedáronse sós loitando por vencer. Neste momento Alex destacou por ser o máis rápido do circuíto, pero unha penalización provocado por un choque con Nahir arrebatoulle as posibilidades de gañar. Theo Gourdon foi finalmente o gañador.

O Team GR Husqvarna é “un equipo con 100% ADN galego’, co obxectivo de competir ao máis alto nivel na categoría de motociclismo do Supermotard e creado polos irmáns Gourdon-Rafael, veciños de Redondela.

Ambos os irmáns, que contan xa con experiencia en motociclismo de Velocidade (European Talent Cup e Mundial Junior de Velocidade), afrontan agora este novo reto na categoría de Supermotard co compromiso de formar, asesorar e acompañar á canteira de novos pilotos galegos todo o máis alto do motociclismo, equipo e pilotos 100% galegos. Este proxecto conta cunha estrutura profesional e un equipo experimentado como o Director Deportivo Ricard Jové, o técnico de suspensións Justo e os mecánicos Martin, Kevin e Unai .

Para esta tempada 2024 o Team GR Husqvarna presentarase no campionato SM Road España e ao campionato FIM Europeo S4 en Lombardía para conseguir os títulos Nacionais e Europeos de piloto e de equipo. Ao longo do ano participarán tamén nalgunhas probas soltas do campionato Mundial S1.

A cita máis próxima é o 25 e 26 de maio no circuíto de Tarancon. O 16 e 16 de xuño participarán  na competición galega no Circuíto Madalena en Forcarei, terceira proba do Campionato de España, seguido do Campionato de Europa en Italia organizado en Piemonte do 27 ao 30 de xuño.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará