Hoxe é Martes 30 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Homenaxe aos represaliados e inauguración da antiga escola de Cedeira na conmemoración da II República

os eidos

A programación do Colectivo Republicano de Redondela, co gallo da conmemoración da II República, celebra este domingo 14 o seu día grande con homenaxes aos asasinados no Alto da Concheira e no Cemiterio dos Eidos, inauguración da antiga escola republicana de Cedeira así como o nomeamento como Republicana de Honra de Josefa Puga “A Garavilla”.

As actividades, que arrancaron esta semana coas proxección dos documentais “Acorda” e “Acordamos” continuarán o día 14 cunha intensa xornada que arrancará ás 12:00 horas cunha homenaxe aos asasinados no Alto da Concheira. O acto terá lugar precisamente no monumento que nese punto lembra aos represaliados polo franquismo e contará coa intervención do anterior presidente do colectivo, Felix Cal. A continuación as actividades trasladaranse a Cedeira, onde se procederá a inaugurar a antiga escola republicana da parroquia.

Marcos Lareira, Colectivo Republicano

Xa pola tarde celebrarase o tradicional acto homenaxe na foxa común dos Eidos ás 18:30 horas e  descubrirase unha placa na que fora  a casa de “A Garavilla” nomeada Republicana de Honra.

Os actos pecharanse o día 17 cunha palestra na Casa da Cultura ás 20:00 horas a cargo do brigadista, escritor e activista, Antolín Pulido.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará