Hoxe é Luns 29 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela acolle a fase provincial do Campionato Nacional de Patinaxe

Diseño sin título (1)

Foto de Luna e Pablo

O Club de Patinaxe Artística Bolboreta de Redondela organiza o Campionato Provincial Libre Categoría Nacional Cadete a Sénior de Pontevedra da Federación Galega de Patinaxe que terá lugar mañá, sábado 12 de abril, a partir das 9:30 horas no Pavillón Municipal A Marisma.

A competición comeza ás 09:30 horas cos adestramentos oficiais e remata sobre ás 21.30 horas, cun pequeno descanso entre as 14.15 e as 15.00 horas. Participan os clubs da contorna en categoría cadete (14-15 anos), xuvenil (16-17 anos), júnior (18-19 anos) e sénior (a partir dos 20 anos). Trátase dun total de 33 patinadoras e patinadores de 9 clubs da provincia de Pontevedra: CPA Soutomaior, Carpa de Vigo, Condado de Salvaterra, CPA Gondomar, Coruxo, Valladares, Oliveira, Luar de Ponteareas e o anfitrión Bolboreta de Redondela.

Os e as participantes farán dúas coreografías. O programa curto presentarase pola mañá e o programa longo pola tarde. O campionato é clasificatorio para o Campionato Calego nas súas respectivas modalidades e o club redondelán estará represetnado por Luna Reguero da  categoría cadete e Pablo Cerezo da sénior. O patinador do CPA Bolboreta foi o terceiro clasificado do Trofeo Deputación de Programa Curto, celebrado no mes de febreiro onde el e máis Luna defenderan o seu programa curto por primeira vez en categoría nacional na proba organizada polo Club Noia Patín no Pavillón de Agustín Mourís.

O espectáculo deportivo poderá verse en directo a través da plataforma Tiivii do Concello de Redondela e tamén a través da canle de Youtube do club.

HORARIO
Sábado 13 pola mañá:
09:30 h. – 09:40 h. Contacto Pista Xuvenil Femenino
09:40 h. – 09:50 h. Contacto Pista Junior Masculino e Feminino
09:50 h. – 10:00 h. Contacto Pista Senior Masculino e Feminino
10:00 h. – 10:20 h. Contacto Pista Cadete Masculino e Feminino
PROGRAMA CURTO
10:20 h. – 11:00 h. Competición Xuvenil Femenino 
11:00 h. – 12:05 h. Competición Junior Masculino e Femenino 
12:05 h. – 12:45 h. Competición Senior Masculino e Femenino 
12:45 h. – 14:10 h. Competición Cadete Masculino e Femenino

Sábado 13 pola tarde:
15:00 h. – 15:10 h. Contacto Pista Xuvenil Femenino
15:10 h. – 15:20 h. Contacto Pista Junior Masculino e Feminino
15:20 h. – 15:30 h. Contacto Pista Senior Masculino e Feminino
15:30 h. – 15:50 h. Contacto Pista Cadete Masculino e Feminino
PROGRAMA LARGO
15:50 h. – 16:50 h. Competición Xuvenil Femenino 
16:50 h. – 18:20 h. Competición Junior Masculino e Femenino 
18:20 h. – 19:20 h. Competición Senior Masculino e Femenino 
19:20 h. – 21:25 h. Competición Cadete Masculino e Femenino 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará