Hoxe é Martes 30 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Obradoiro de debuxo Kawaii na Biblioteca de Chapela

chapela biblio

A biblioteca Xela Arias abre o prazo de inscrición para participar nun obradoiro no que os participantes, nenos e nenas de idades comprendidas entre os 7 e os 12 anos, aprenderán a debuxar e crear historias con este estilo tipicamente xaponés. A actividade é de balde pero compre inscrición previa na biblioteca de Chapela ou no teléfono 986 454226.

A artista gráfica Nusy Lo Art será a encargada de guiar este obradoiro que se desenvolverá en dúas sesións, os mércores 17 e 24 de abril en horario de 18:00 a 19:00 horas.

Mª Elena Becerra, Bibliotecas de Redondela

Os participantes aprenderán a debuxar estas historias protagonizadas pro personaxes de ollos grandes, formas redondeadas e simplificadas que son o selo distintivo dun dos estilos máis icónicos do debuxo xaponés e que se coñece como “Kawaii”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará