Hoxe é Martes 30 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Comunidade de Montes de Amoedo colabora na integración dos usuarios de Aspavi

aspavi

A través dun convenio entre a Asociación de Pais de persoas con Discapacidade Intelectual de Vigo (Aspavi) e os comuneiros de Amoedo, ambas entidades avanzan na integración das persoas con discapacidade con medidas como a contratación de dous usuarios que xa están a traballar realizando labores como a colocación de protectores nos castiñeiros, abeleiras e pistachos.

O acordo busca establecer o monte de Amoedo como un lugar de referencia no que os usuarios de Aspavi, colectivo que conta cun centro de día e un centro ocupacional no municipio de Pazos de Borbén, se desenvolvan e integren socialmente mediante actividades físico-deportivas, culturais e laborais”.

Dende Aspavi valoran moi positivamente este convenio que é un paso máis para lograr os seus obxectivos de cara a mellorar a vida dos seus usuarios e fomentar a súa integración na sociedade.

Este acordo de colaboración permite que dous usuarios de Aspavi traballen a media xornada durante os vindeiros dous meses en distingas labores relacionadas co coidado do monte e a reforestación do mesmo.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará