Hoxe é Martes 30 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Lorenzo Míguez debuta no powerlifting logrando o ouro na I Copa Reino de Aragón

WhatsApp Image 2024-04-09 at 09.54.33

O redondelá Lorenzo Míguez Baquero, recolleu a medalla de ouro na primeira edición da Copa Reino de Aragón na categoría Júnior -66 kilogramos da disciplina de levantamento de peso Powerlifting. Conseguiu levantar 512,5 kg no conxunto das probas, superando a marca mínima en máis de 100 kg. Despois da proba en Zaragoza, pasa a seguinte competición en Burgos onde tentará mellorar os resultados e clasificarse para o Campionato de España.

Na proba de iniciación celebrada no polideportivo María de Huerva en Zaragoza, correspondente a AP3, participaron 25 deportistas de distintas zonas de España e el era o único galego. As fases, como é habitual, consistían en levantar peso con distintas técnicas: agachada, press banca e peso morto.

“A alterofilia e o Powerlifting non son o mesmo”, Lorenxo Míguez Baquero.

Enfrontouse a 5 opoñentes da súa categoría, todos do club organizador Barbell. Explica Lorenzo que este “é un deporte pouco coñecido e que, sobre todo nas probas de menor peso, compites contra pouca xente”. Aínda que o que realmente move o seu interese é “competir contra un mesmo e o peso que levantas”. A meta deste certame era levantar 400kg, marca que superou “de sobra”.

“Prepareime con pouco tempo pero a experiencia non puido ser emllor”, Lorenzo Míguez Baquero.

O seu obxectivo é chegar a AP1, correspondente a nivel nacional, e competir no Campionato de España. Para iso ten que superar a AP2 en Burgos que se celebra en xuño e onde terá que levantar máis de 460 kg. Vendo o resultado do seu debut, con 512kg, vese “seguro de conseguir a marca” e tentará “volver a subir ao podio e avantaxar aos seus rivais”.

“Se levanto o mesmo que en Burgos que en Zaragoza non vou ter problema para superar a proba”, Lorenzo Míguez Baquero.

Leva 5 anos facendo deporte pero só 6 meses adestrando co club Vákner Powerlifting Galiza en Ourense, onde comezou impulsado polos compañeiros do ximnasio no que traballa porque vían potencial nel.  Aconsella contratar un adestrador persoal canto antes para aprender técnica, porque aínda que “pareza que só hai que levantar peso a técnica é o máis importante para evitar danos e sobre todo poder competir”.

O seu adestrador chámase: Gabriel Tripiana Sanz

De cara ao futuro ten pensado subir á categoría de -74 kg, porque por idade este é o seu último ano en Júnior -66kg. “Esto é unha carreira de fondo na que tardas anos en chegar ao obxectivo e o peso é moi importante, polo que pasará un tempo ata que poida subir de categoría e competir no nacional”.

“Polo menos ata 2026 non poderei competir na seguinte categoría no nacional, por unha cuestión de peso”, Lorenzo Míguez Baquero.

A seguirte porba que ten que superar para poder competir a nivel estatal como Júnior celébrase o 8 e 9 de xuño en Burgos. Neste Interrexional NorOeste participarán deportistas de Asturias, Cantabria, Castilla e León, Euskadi, A Rioxa e Navarra.

Entrevista completa.
Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará