Hoxe é Martes 30 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Conclúen os traballos de asfaltado nos camiños do Valeiro e Traída en Chapela

Asfaltados Chapela

As obras rematáronse nun prazo menor do establecido nun principio, xa que a data prevista era o 15 de abril, e reparáronse dez tramos onde se rexistraban fochancas. Nalgúns destes tramos tamén se canalizaron as augas pluviais. As reparacións fixéronse con asfaltado en quente. Trátase dunha metodoloxía de traballo que é máis longa e laboriosa, pero deste xeito “as reparacións son máis efectivas e duradeiras”, explica Villar.

No día de hoxe e ao longo desta semana realizaranse traballos de mellora na Subida das Pedriñas, Subida á Buraca e Quirincosta, entre outros camiños. A concellería de Infraestruturas e Sostibilidade reparará tamén as fochancas do asfaltado en varios puntos do centro da vila, como a zona de Vilavella, rúas Regojo e Ernestina Otero e a rúa 8 de Marzo, entre outras. As obras de reparación, se as condicións meteorolóxicas o permiten, estarán finalizadas antes de que remate este mes.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará