Hoxe é Venres 3 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela abre a inscrición para o concurso da Festa dos Maios

maios

As asociacións e colectivos que desexen participar deberán formalizar a súa inscrición tanto no rexistro como na sede electrónica antes do 23 de abril. O Concello, que destina unha axuda de 100 € a cada maio que se presente ao concurso, outorgará tamén un total de 12 premios repartidos nas categoría de mellores coplas, mellor interpretación, premio ao maio tradicional e premio ao maio artístico. Os premios oscilan entre os 300 euros que recibirá o primeiro clasificado, 250 euros o segundo e 200 euros o terceiro.

A concelleira de Cultura, Rita Pérez, sinala que os protagonistas desta festa son “os propios veciños e veciñas de todas as idades, que de xeito colaborativo realizan os Maios tradicionais e artísticos, preparan as coplas e interprétanas para deleite de todo o público” e animan a veciñanza a participar co obxectivo de superar as 29 agrupacións que concorreron o ano pasado.

Rita Pérez, Concelleira de Cultura

Así, o 1 de maio estas figuras vexetais serán as protagonistas coa exposición na Alameda de Redondela dos Maios tradicionais – conos e cruceiros- e artísticos e a posterior interpretación das coplas cargadas de retranca que son elemento característico desta celebración.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará