Hoxe é Luns 6 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

As mariscadoras de Arcade reclaman na rúa o uso do barco e o mantemento da cota

confraría arcade

Ao  berro de “señor Patrón queremos solución” as manifestantes percorreron o centro de Arcade dende o cruce de Pierres ata o peirao tras unha pancarta na que se podía ler “en defensa do noso traballo”. Unha mobilización que chega logo dos continuos desencontros cos responsables do pósito aos que acusan de non deixarlle o barco para acudir a limpar os bancos marisqueiros. Rexeitan tamén o incremento da cota anual que lles quere impoñer o patrón maior, pasando de 50 euros que pagan actualmente a 650. Cantidade que aseguran non poden asumir.

“Unha cota de 650 euros é absolutamente desproporcionada, inasumible, inxusta e grotesca para o noso colectivo, que por culpa dunha malísima planificación dos seus responsables apenas traballa 7 día ao mes”, así o afirmaba a voceira das mariscadoras, Rita Míguez no manifesto que serviu para pechar a marcha e no que demandan “transparencia total para coñecer as contas da confraría” así como un “informe minucioso e auditado que nos permita coñecer a verdadeira situación do noso pósito”.

Reclamaron unha vez máis a reparación e cesión do barco destinado ao desenvolvemento da actividade do marisqueo a pé así como información dos ingresos recibidos pola Confradía nos últimos cinco anos destinados á compra de semente para contribuír á repoboación da Ría.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará