Hoxe é Xoves 2 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O paseo da Portela reabrirá esta fin de semana tras varios meses cortado

paseo portela

O Concello de Redondela vén de anunciar que o Paseo da Portela volverá a estar operativo esta mesma fin de semana, unha vez que os operarios municipais están a realizar os traballos de reposición no tramo que estivo pechado nos últimos meses. Unha situación que obrigaba aos peóns a desviarse da pasarela e circular uns cincuenta metros pola estrada. O obxectivo é que o paseo estea a punto antes da Semana Santa.

Operarios do departamento de Infraestruturas e Sostibilidade están a repoñer o tramo do paseo que quedou danado polos temporais do pasado outono e confirman que as obras “rematarán este venres”. De feito, este tramo estaba pechado aos peóns dende hai meses logo de que unha árbore de grandes dimensións caera enriba da plataforma, dabondo a estrutura e rompendo a pilastra.

O concelleiro do departamento, Roberto Villar, explica que os traballos para a retirada da árbore foron moi complexos, pola gran porte e voluminosas raíces da árbore. Unha vez retirada, os técnicos desaconsellaron traballar na zona ao quedar o talude “completamente inestable e cun risco real de derrube”.

Unha vez recuperada a estabilidade no firme, unha empresa contratada polo Concello encargouse de reconstruír o tramo da estrutura danada, e os operarios municipais estanse a encargar de repoñer as táboas do paseo e a varanda.

Segundo os plans de traballo do departamento as obras rematarán mañá venres, “polo que o paseo poderá reabrirse aos peóns antes da Semana Santa”, afirma Villar.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará