Hoxe é Xoves 2 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Noctámbulas retoma a súa programación con actividades para público mozo

noctámbulas

Arranca en Soutomaior a terceira edición de Noctámbulas, un programa dirixido á mocidade de entre 12 a 30 anos que se desenvolverá os sábados 13 de abril, 27 de abril, 4 de maio e 18 de maio en horario de 20:00 h. a 23:00 h. O obxectivo deste programa é o de encher de contidos saudables o tempo libre e de lecer dos sábados das mozas e mozos que o desexen.

Unha edición que aterra con novidades. Así, o sábado 13 de abril os videoxogos invaden a noite en Noctámbulas! Dende o concello convidan a toda á mocidade a unirse ás batallas en Mario Kart e StreetFighter. Os interesados poden participar nos torneos ou simplemente desfrutar da zona de videoxogos libres.

Esa será unha das actividades, a outra protagonista será Paint in the dark inmersivo taller de pintura fluorescente a escuras, onde as e os participantes atoparán un ambiente retrofuturista iluminado con luces de neón para cun pincel nunha man e outro na outra crear unha obra de arte mentres poden degustar cócteles sen alcol.

O sábado 27 de abril chegará o Rastrexo Urbano “O caso da imprenta Gutemberg” con actividades de aventura na rúa onde terán que atopar, en grupo, as palabras perdidas e superar os retos que se lles presenten. Enfrontándonos a personaxes e misterios con moito humor.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará