Hoxe é Mércores 1 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Chapela organiza a sétima andaina para dar a coñecer o Camiño pola Costa

caldas jpg

A Asociación de veciños de Chapela organiza o sábado día 23 unha xornada de convivencia, deporte e cultura que servirá para reivindicar o Camiño de Costa que atravesa a parroquia. Esta sétima andaina levará aos participantes a percorrer a distancia que separa a Capela de San Caetano de Caldas de Reis. A inscrición debe facerse no teléfono 649376094 e ten un prezo de 22 euros os socios e 24 euros os que non o sexan, con prezo reducido para menores de 18 años, que pagarán 10 euros. Inclúe o traslado en autobús, guía e seguro.
As persoas que desexen participar sairán ás 9:00 horas en autobús dende o Pavillón de Deportes de Chapela para ir ata a Capela de San Caetano, lugar dende onde partirá este percorrido a pé. Os participantes terán por diante 18,5 quilómetros ata chegar a Caldas de Reis.
Unha andaina que se desviará lixeiramente do Camiño co obxecto de pasar polas fervenzas do río Barosa onde se fará un pequeno descanso. A continuación percorrerase o tramo ata chegar a Caldas de Reis con visita ao seu casco antigo.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará