Hoxe é Xoves 2 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A veciñanza poderá consultar o PXOM a partir deste xoves día 21 na Oficina de Turismo

Redondela-1-1170x550

O Plan Xeral de Ordenación Municipal pode xa consultarse na web do concello (neste enlace) pero será mañá xoves cando se abra o período de exposición pública e o prazo de presentación de alegacións. Os veciños que queiran coñecer a situación urbanística na que quedan as súas parcelas e propiedades poderán consultar o documento na Oficina de Turismo, na rúa Isidoro Queimaliños, de luns a venres entre as 8:30 a 14:30 horas. Nos meses de abril e maio faranse reunións informativas en todas as parroquias co equipo técnico redactor do plan para resolver todas as dúbidas da veciñanza.
O Concello de Redondela abre este xoves a exposición pública e o período de alegacións ao PXOM. O goberno local afirman que facilitará á cidadanía todos os medios dispoñibles para que coñezan o plan e poidan facer as súas alegacións. O prazo ampliouse a tres meses “para favorecer que toda a veciñanza teña tempo de estudalo, saber como lle vai afectar e poida facer as alegacións que estime oportunas” segundo explicou a alcaldesa, Digna Rivas.
Durante os tres meses deste período de alegacións a cidadanía terá á súa disposición aos técnicos nas dependencias municipais para explicarlles todo o relativo ao planeamento urbanístico e asesoralos. Este servizo estará dispoñible desde o 21 todos os días de luns a venres de 8:30 a 14:30 horas na Oficina de Turismo, na rúa Isidoro Queimaliños.
Para facilitar o acceso da veciñanza a toda esta información o Concello contratou tamén o servizo dun visor dixital ao que xa poden acceder os veciños dende a páxina web do Concello, tanto desde as súas casas como acudindo á oficina de información do PXOM. Dun xeito cómodo os veciños e veciñas poderán buscar a través deste visor as súas parcelas. A páxina do Concello inclúe tamén un vídeo explicativo coas indicacións para utilizar o visor. Tamén estará a disposición da cidadanía un modelo base para presentar as súas alegacións.

Reunións

Reunións informativas nas parroquias
Nos meses de abril e maio, realizaranse reunión nos centros parroquias para abordar cuestión máis xenéricas e de interese xeral. As reunións serán en horario de 17:00 a 19:00 horas. A primeira das reunións será o martes 9 de abril no Centro Cultural de Saxamonde e o mércores 10 de abril en Quintela; o luns 15 de abril a xuntanza será en San Estevo de Negros, o martes 16 de abril en Cabeiro e o mércores 17 de abril en Vilar. O luns 22 de abril será a reunión no Viso, o martes 23 en Ventosela e o mércores 24 en Reboreda.

No mes de maio as reunións serán o luns día 6 en Cesantes, o martes 7 en Trasmañó, e o
mércores 8 en Cedeira. No Multiúsos do Piñeiral de Chapela será o martes 21 de maio e
no Multiúsos da Xunqueira o mércores 22.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará