Hoxe é Venres 3 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Renovación do merendeiro da praia de Cesantes

mesas cesntes

A área de esparexemento da praia da Punta, en Cesantes, conta con novas mesas e bancos a disposición da veciñanza. As concellerías de Medio Ambiente e Infraestruturas, ante o mal estado que presentaba a zona, acometeron os traballos de mellora. Esta zona verde, que contaba con 24 mesas e os seus respectivos bancos, suma agora un total de 26 mesas. Instaláronse 17 mesas novas, con bancos abatibles, e mantivéronse 9 das xa existentes que conservan en bo estado.

A concelleira Pilar Martínez explica que esta actuación enmárcase dentro dos traballos de mellora que o departamento de Medio Ambiente está a facer no areal e na súa contorna primeiro coa limpeza da praia e agora co acondicionamento desta zona verde con novas mesas e bancos “ante o mal estado que presentaba algúns dos elementos”.

O concelleiro de Infraestruturas e Sostibilidade, Roberto Villar, explica que o novo mobiliario fixouse ao terreo cunha base de polímero plástico “que evita o seu deterioro de cara ao futuro”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará