Hoxe é Xoves 2 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Búscanse figurantes para unha película na Illa de San Simón

illa

A rodaxe terá lugar entre o 4 de marzo e o 7 de abril e as persoas interesadas en participar deben inscribirse a través do enderezo obradoiro@estudoslocais.org ou ben por teléfono no número 630 02 71 65 achegando os seus datos persoais.

O Obradoiro de Estudos Locais Fernando Monroy fixo público que, co gallo da rodaxe dunha película histórica que se vai levar a cabo no vindeiro mes de marzo na illa de San Simón, a produtora que está detrás do proxecto busca colaboración para conseguir a participación de figurantes, tanto  homes como mulleres.

Quen se pode presentar?

Búscanse 20 homes e mulleres preferiblemente maiores de 60 anos, 15 homes de complexión delgada que teñans entre 20 e 39 anos e seis mariñeiros para unha secuencia na que teñen que interpretar que están a faenar.

Onde inscribirse?

As persoas interesadas en participar deben poñerse en contacto co obradoiro ben por email no enderezo obradoiro@estudoslocais.org ou ben por teléfono no número 630 02 71 65.

Deberá achegar datos como: nome, idade, teléfono de contacto e se fose posible unha foto.

Selección

Con todas as persoas que se anoten o Obradoiro elaborará unha listaxe que será entregada á produtora da película por si fose preciso facer un casting.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará