Hoxe é Domingo 5 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Medra a liorta política con acusacións cruzadas a conta do enfrontamento entre Xoán Carlos González e Ana Alonso

pleno

O enfrontamento tivo lugar durante o pleno do pasado 21 de febreiro

O PP lamenta a actitude machista do edil do BNG Xoán Carlos González tras acusar a Ana Alonso de realizar prácticas antidemocráticas no colexio electoral de Cedeira. Censuran tamén a actitude da alcaldesa Digna Rivas coa edil popular ao non permitirlle o uso da palabras para defenderse destas acusacións. Dende AER cargan tamén contra o voceiro do bloque por entender que “acusou sen probas e Alonso” e convidan á formación nacionalista a “abandonar a crispación e recuperar un comportamento político máis construtivo”.

O enfrontamento naceu no pleno extraordinario celebrado o pasado mércores no que se debatía e aprobaba inicialmente o PXOM. Unha sesión na que o edil do BNG arrancou a súa intervención acusando a popular Ana Alonso de manter “unha actitude totalmente antidemocrática” por presionar ano tras ano no seu colexio electoral.

Xoán Carlos González, BNG

Ante a gravidade destas acusacións Ana Alonso, solicitou polas alusións pexorativas recibidas, a quenda de palabra pero Digna Rivas non permitiu que puidese defenderse.

Ana Alonso, PP

Para o PP, Xoan Carlos González “amosou unha vez mais a súa actitude machista, atacando sen proba algunha, e coa complicidade de Digna Rivas quen lle negou o quenda de palabra á concelleira popular para poder defenderse das calumnias do voceiro do BNG”.  Ana Alonso agradeceu persoalmente o apoio recibido nestes días, e afirmou que  “seguirá a defender os dereitos de todas as mulleres, pensen o que pensen, e voten o que voten, pero con feitos e políticas reais, esixindo respecto e educación ante todo.

Aseguran dende o PP que “non é a primeira vez que o voceiro do BNG despreza e agride verbalmente a unha concelleira, xa no pleno de xaneiro do ano 2021 presentouse unha moción por parte de AER polas expresións machistas contra unha concelleira desa agrupación. Son continuados os desprezos e alusións pexorativas pleno tras pleno. Para Digna e Xoán Carlos, a defensa da dignidade da muller depende do carné político que teñas, mostrando o tipo de feminismo de pancarta que practican”, lamentaron os populares. O PP de Redondela agradeceu o resto de membros de AER xunto con ex concelleiros alí presentes que arrouparon e apoiaron a Ana Alonso, lamentando a deplorable actuación do señor González, que mostrou unha vez máis a súa falla de altura política.

Críticas de AER

Dende a Agrupación de Electores criticaron tamén que o BNG aproveitase o que debía ser un pleno histórico para acusar a concelleira do PP “sen amosar probas” de presionar ás persoas que acudiron a votar a ese colexio electoral. Aseguran ademais que o nacionalista seguiu recriminando a Alonso incluso unha vez finalizada a sesión, acusándoo ela de machista. Para AER o “BNG de Redondela está a amosar un comportamento político que podería resumirse en que son a oposición de todos os demais grupos. Aínda que apoiou a investidura de Digna Rivas, dende o principio rexeitou entrar no goberno e, dende hai meses, fai unha oposición ao goberno máis dura que o propio PP”.

Neste sentido lembran lembran que nas dúas últimas votacións máis relevantes dos últimos pleno o BNG votou en contra da posible construción dun Punto Limpo e no Pleno extraordinario para a aprobación do PXOM, o BNG foi o único grupo que non aprobou esa norma tan importante para o noso Concello.

Ao mesmo tempo que o BNG, lexitimamente, fai oposición ao goberno, tamén fai oposición ao PP, por obvias cuestións de rivalidade. Unha postura que entenden “é lexítima, pero dende AER rogamos ao BNG que recupere un comportamento político máis construtivo e que abandone a crispación”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará