Hoxe é Venres 3 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A parcela do antigo colexio Igrexa urbanizarase con zonas verdes e un local de 700 metros cadrados

parcela cole

Unha das demandas máis reiteradas por parte dos colectivos socias e culturais de Chapela responde a ausencia de espazos para desenvolver as súas actividades, pero tamén a carencia na parroquia de zonas verdes de esparexemento. O proxecto do arquitecto Ángel Santoro para a parcela de 2.300 metros cadrados na que se ubicaba o antigo colexio Igrexa contempla a construción dunha edificación de 700 metros cadrados mentres que o resto do espazo se dedicaría a zonas verdes.

O goberno local de Redondela reuniuse cos colectivos e asociacións da parroquia de Chapela para presentarlles este anteproxecto. A Asociación de Veciños de Chapela, a Plataforma de Afectados da AP9, Flores Mareliñas, Anaquiños, Asociación Cultural de Chapela, Comunidade de Montes de Chapela e Asearpo participaron nesta primeira reunión de traballo na que foi o arquitecto Ángel Santorio quen lles explicou a actuación.

O obxectivo do goberno local é que “tanto esta zona verde de esparexemento como o edificio estean dedicados tanto aos maiores como á mocidade, con dotacións para crear un área de convivencia e lecer para a veciñanza”, explica a alcaldesa Digna Rivas.

Unha das propostas, realizada pola asociación Anaquiños, é a de desprazar a este futuro edificio algúns dos servizos que se prestan actualmente no Multiúsos do Piñeiral do Crego para descentralizar as actividades.

Rivas explicou que se terán en conta as propostas dos colectivos da parroquia “por iso celebramos estas reunións de traballo con eles antes de tomar unha decisión definitiva”. O compromiso do goberno local é “escoitar sempre as demandas da veciñanza nestes proxectos de calado, como xa fixemos no Skatepark de Chapela e no Campito, para que tamén a cidadanía faga as súas propostas”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará