Hoxe é Venres 3 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Cursos de intelixencia artificial e competencias dixitais en Redondela e Chapela

cemit

As persoas interesadas en participar nalgún dos cursos que se imparten nas aulas CeMit deben inscribirse antes do 29 de febreiro. As clases, completamente de balde, abarcan diferentes ámbitos da informática como creación de vídeos, competencias dixitais, identidade dixital e trámites coa administración en liña. En todos os cursos impartirase tamén formación para o uso de ferramentas de Intelixencia artificial.

En total ofértanse 130 prazas que se repartirán en diferentes cursos. No caso da aula CeMIT de Redondela as clases terán lugar os luns e mércores, do 04 de marzo ao 24 de abril, curso de Operacións Auxiliares con Tecnoloxías Dixitais de 10.00 a 11.30 horas. Nas mesmas datas pero e horario de 12.00 a 13.30 curso de Creación de Vídeos online con FlexClip

Desenvolveranse tamén talleres para adultos para consultas e dúbidas de 9:30 a 11:30 h, e Competencias Dixitais Básica con Tabletas de 11:30 a 13:30 horas.

En Chapela as clases serán os martes e xoves do 05 de marzo ao 25 de abril cun curso de Competencias Dixitais, nivel medio con Windows 10 en horario de 10.00 a 11.30 horas. Nas mesmas datas en horario de 12.00 a 13.30 impartirase un curso de Trámites en liña coa administración e Identidade Dixital.

A aula aberta con obradoiros para adultos terá lugar os venres de abril.

As instancias para participar nos cursos pódense descargar na páxina web de Redondela (www.redondela.gal), no Centro de Formación A Marisma (ao carón da piscina municipal) e no multiúsos da Xunqueira en Redondela. En Chapela pódense solicitar nas Dependencias dos Servizos Sociais. A presentación das solicitudes debe facerse nos rexistros habilitados no Concello de Redondela, e a selección será por orde de inscrición. O alumnado con praza concedida recibirá unha chamada telefónica para confirmar a súa participación.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará