Hoxe é Venres 3 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Chega a Redondela o musical “Los 2000, Yo quiero bailar!”

yo quiero bailer

O Multiúsos da Xunqueira acolle este domingo ás 19:00 horas un musical no que se recrea o ambiente inspirado no Caribe Mix máis típico dos 2000. Nese espazo seis amigos recrean as súas vidas coas cancións máis míticas da década e coas mellores cancións de baile de festa de todos os tempos. Soará así a música de El canto del Loco, Mónica Naranjo, David Civera, La oreja de Van Gogh, Fito e fitipaldis e tantos outros grupos e solistas que triunfaban no inicio do século XXI.

Mención especial ao tema “Yo quiero bailar” de Sonia e Selena que da título a este espectáculo que  busca repetir o éxito da proposta anterior, o musical dos 80 e 90, no que se rendía homenaxe a época da movida.

Así, eses seis amigos que se reunían non hai moito tempo no bar de Jose a celebrar os 25 anos da graduación coincidindo coa inauguración da Movida do bakalao volven reunirse agora nun chiringuito de praia. Os amigos recrean as súas vidas coas cancións máis míticas da década.

Humor, música e lembranzas de hai dúas décadas é o que nos propoñen neste musical que se poderá ver o vindeiro domingo en Redondela da man da produtora Pares e Nones a un prezo de 14,60 en venta anticipada aquí.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará