Hoxe é Venres 3 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Vitoria en Cantabria para as mozas de Vero Posada

sar

Foto: Patri Rivas

Camargo 22-28 SAR

Un partido que arrancou con vantaxe para o equipo local. Con todo, as da Sar lograron chegar ao descanso cun axustado 12-11. Sería xa na segunda parte cando as mozas de Redondela se farían co partido ata chegar ao resultado final de 22-28.

Sar sitúanse na sétima posición na División de Honra Prata Feminina e na próxima xornada xogan na Bomboneira fronte a un equipo moi necesitado de puntos, o Fuentes Carrionas, penúltimo na clasificación

Primeira Autonómica

Mecalia Atlético Guardés 18- 25 SAR Plastic Omnium 

Vitoria tamén para os rapaces da Sar Plastic Ómnium que lograban imporse na súa visita a Guarda. O equipo está situado na segunda posición da Primeira Nacional, empatados a puntos co líder, o Poio Artai. Logo dun primeiro tempo de imprecisións e erros e cun resultado en contra de 6-2. Os de Redondela repuxéronse para chegar xa ao descanso con vantaxe (9-12).

Na segunda metade melloraron o ámbito ofensivo chegando a superar ao rival por dez goles, o que lles permitiu xogar con máis tranquilidade ata chegar á vitoria final.

Na vindeira semana reciben na bomboneira a un do equipos fortes do grupo,o Magope Seis do Nadal, cuartos da clasificación.

Magope-Seis do Nadal 35-25 Balonmán Chapela

Peor lle foron as cousas ao equipo de Chapela que caía precisamente ante o que será o rival da SAR na vindeira a semana, o Magope. A próxima cita permítelles xogar na casa. Encontro polo tanto no pavillón Manuel González Soto onde reciben a un rival directo, o Luceros.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará