Hoxe é Venres 3 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Sanidade fai un chamamento á doazón e alerta das baixas reservas de A negativo, 0 Negativo e B negativo 

sangue

A unidade móbil da Axencia de doazón de sangue estará en Redondela este mércores na Praza de Ribadavia, na zona de carga e descarga da coñecida como praza da Farola de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 21:00 horas. Calquera persoa interesada pode achegarse e doar sangue sen cita previa.

Os hospitais galegos necesitan entre 400 e 500 doazóns de sangue diarias para que o seu abastecemento de compoñentes sanguíneos sexa o idóneo. Neste momentos, ademais de apelar á doazón de todos os grupos, Galicia precisa en concreto aumentar as reservas dos grupos A negativo, 0 negativo e B negativo, segundo informa a Consellería de Sanidade. 

As unidades móbiles de ADOS teñen previsto visitar ao longo desta semana máis de corenta concellos galegos, entre eles o de Redondela, a onde se desprazan este mércores día 21. O Sergas lembra que poden doar sangue todas as persoas entre 18 e 65 anos, cun peso superior aos 50 quilos e que non padecesen ou padezan enfermidades transmisibles polo sangue.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará