Hoxe é Mércores 15 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A comunidade educativa do Colexio Igrexa mobilízase por uns accesos seguros e de calidade

camiño buraca

Baixo o lema “Acceso ao colexio seguro” a Anpa do Colexio Público Igrexa-Chapela xunto cos  profesores e profesoras do Centro e demais traballadores convocan unha concentración nas portas do mesmo o vindeiro xoves día 15 as 8.45 horas da mañá para reivindicar a necesidade de acometer obras que melloren os accesos ao colexio.

Fochancas, charcos, firme desnivelado, carencia de beiravías e beirarrúas, ausencia de barandas… cinco anos despois de inaugurarse o novo colexio Igrexa os accesos están nun estado que, tal e como denuncia a Anpa do centro, supoñen un perigo para todos os seus usuarios.

Logo de numerosas queixas a Asociación de Pais e Nais decide convocar unha mobilización para facer oír as súas demandas que pasan porque o Concello acometa o arranxo do Subida á Buraca que é  que empregan os escolares que acceden ao colexio camiñando dende a Avenida de Redondela.Lembran tamén que hai un vial alternativo pero que o seu estado tampouco é o máis axeitado xa que hai árbores que ameazan con caer ao atopárense practicamente coas raíces ao aire logo dos temporais do inverno.

Convidan a todos os pais e nais e ao propio alumnado a facerse ver na concentración deste xoves.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará