Hoxe é Xoves 16 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Música e teatro no programa “Cóbados na Xanela” de Soutomaior

cóbados

O servizo de Normalización Lingüística pon en marcha o programa de dinamización cultural “Cóbados na xanela” no que se inclúen actuacións músicais a cargo do redondelán Aberto Vilar así como un ciclo de teatro con diferentes propostas escénicas que arrancará o 22 de febreiro con “Indólices”.
Logo da primeira parada co concerto de Abraham Cupeiro, a música continuará co pianista Alberto Vilas que estará no concello de Soutomaior os días 22 de marzo e o 20 de abril.
No tocante as artes escénicas a primeira das obras previstas aterrará en Soutomaior o xoves 22 de febreiro coas artistas Nuria Vil, Vero Rilo e Mónica de Nut coa preestrea de “Indólices”.
Seguiranlle pezas tales como As damas de Ferrol de Noroeste Teatro (23 de marzo), O Quixote de Pedras e Cartón (19 de abril para escolares), A louca historia de Galicia de Fulano, Mengano e Citano (4 de maio), O porco de pé de Escéntricas Producións (11 de maio), Deadpan Karaoke de Ibuprofeno Teatro (16 de maio) e Made in Galicia de Sarabela Teatro (25 de maio).
O alcalde Manu Lourenzo salientou na presentación do programa que busca “achegar a lingua desde múltiples perspectivas” polo que se levarán a cabo en diferentes contextos educativos, culturais e sociais explorando novos espazos a través do habitar, ser e sentir.
O título fai referencia ao poema da escritora Luísa Villasanta, homenaxeada polo días Das Letras Galegas deste 2024 e nace tamén cunha vocación de contribuír a que as artes escénicas se expandan estimulando a produción artística das obras facilitando espazos e recursos para creadores locais e de fora.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará