Hoxe é Luns 29 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Investigado un mozo de 20 anos por circular en dirección contraria pola rúa Cabo dos Fumeiros

cabo dos fumeiros

Fin de semana de Entroido que se salda sen incidentes graves malia que si houbo un pequeno sinistro na rúa Cabo dos Fumeiros e numerosas chamadas na madrugada do domingo denunciando o ruído na rúa Prata.

Disfraces, verbena a festa na noite do sábado para o domingo en Redondela que se saldou sen incidentes, agás unha alcoholemia na rúa Cabo dos Fumeiros. Eran xa as 10:30 horas da mañá cando a Policía Local recibía unha chamada alertando dun vehículo que circulaba en dirección contraria por esta vía coñecida popularmente como a rúa dos Canastros. O turismo, conducido por un veciño de Redondela de 20 anos de idade, circulaba en dirección ascendente cando se atopou con outro coche que baixaba por esta vía de único sentido. Ao tentar manobrar para dar marcha atrás, o mozo acabou colidindo contra un dos vehículos estacionados na rúa. Unha vez no lugar os axentes procederon a realizarlle a proba de alcoholemia dando un resultado positivo.

Tamén houbo nesa madrugada numerosos veciños das inmediacións da rúa Prata denunciando o ruído que facían os mozos e mozas que se atopaban na zona, no exterior dos locais de ambiente.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará