Hoxe é Domingo 5 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG asesorará aos colectivos na tramitación de axudas e subvencións

elsa quintas

A persoa designada como persoal de confianza polo grupo municipal nacionalista “tamén se dedicará a apoiar a asociacións de todo tipo na tramitación de subvencións”. Así o anunciou o voceiro do BNG Xoán Carlos González lembrando que esta figura estableceuse froito dos acordos polos que o BNG apoiou a investidura de Digna Rivas.

Elsa Quintas, quen compaxina o seu traballo de avogada en Vigo co seu labor na oficina da organización nacionalista no concello será a encargada de apoiar os colectivos “ante a demanda de moitas asociacións na tramitación de subvencións e axudas económicas”. Na maioría dos casos as directivas confórmanas persoas a título voluntario, que se atopan ante numerosos obstáculos nestas tramitacións e que renuncian en ocasións a tramitar estas axudas ante a complexidade das convocatorias.

Este servizo xa foi comunicado a diferentes colectivos e dende  o BNG lembran que a súa oficina está ubicada no propio Concello de Redondela, na planta da entrada, e recibe tanto a veciños e veciñas a título particular como a todo tipo de colectivos e asociacións.

Os nacionalista valoran moi positivamente o traballo que esta persoa está a desenvolver nestas semanas e pon como exemplo “a atención aos veciños e veciñas afectadas polas pantallas acústicas en Torres Agrelo, cuxa gravidade xa trasladamos ao Congreso”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará