Hoxe é Luns 29 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Derbi entre Soutomaior e Arcade na II Edición da Copa Rías Baixas

WhatsApp Image 2024-02-09 at 16.19.52 (1)

A Copa Rias Baixas de Pontevedra dispútana na súa segunda edición 6 equipos de Preferente Sur, 15 de Primeira Autonómica, 25 de Segunda Autonómica e 24 de Terceira Autonómica. Entre estes atópase o CD Choco, CD Arcade, CD Soutomaior , CD Cesantes e o Zacande FC.

Deu comezo o 21 de xaneiro e o CD Cesantes venceu o xoves 8 de febreiro ao  Domaio FC, gracias a un gol de Hugo Hermelo, clasificándose para a seguinte ronda. Hoxe venres o Zacande FC recibe ao  Vilalonga FC ás 21:00h dentro da competición da Copa.

De cara a fin de semana o CD Soutomaior e o CD Arcade xogan un Derbi importante no que o perdedor quedará automaticamente eliminado da competición e non poderá seguir xogando. Será o sábado 10 de febreiro ás 18:00h no Campo Graciano Padín. Un cara a cara que promete ser moi emocionante.

A próxima semana será a queda dos redondeláns do CD Choco que entran na Copa Rías Baixas o martes 13 de febreiro ás 19:00h contra o SP Guardés.

A Competición conformarase en 7 eliminatorias máis a gran final. Os campións das oito copas de afeccionados que organiza a Federación Galega, ao longo de todo o territorio da comunidade, xogarán a Supercopa de Galicia. O vencedor da Supercopa será o representante na eliminatoria previa da Copa do Rey, en substitución do mellor terceiro entre os equipos de Preferente.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará