Hoxe é Sábado 4 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Soutomaior transformará a praza da Aldea no barrio de Arcade de Riba

praza da aldea

As actuación que se levarán a cago consistirán na pavimentación con pedra do país de toda a praza. Ademais levarase a cabo o arranxo do acceso á praza con pedra e formigón e dotarase a zona con mobiliario urbano como aparcadoiros, bancos e árbores, que buscan converter este espazo nun punto de encontro da veciñanza.

Ao igual que a Praza da Pedreira, presentada a pasada semana, a licitación deste proxecto levarase a cabo no primeiro semestre do ano e o goberno local agarda iniciar os traballos neste 2024. o obxectivo é poñer en valor o espazo e a contorna dun dos barrios históricos do concello.

O alcalde de Soutomaior, Manu Lourenzo, adiantou que a actuación consistirá na creación dun núcleo de centralidade no barrio de Arcade de Riba, ao tempo que se pon en valor todo o conxunto arquitectónico formado polos muros de mampostería, cruceiros, edificacións e outros elementos que xa forman parte da Praza respectando a esencia que o caracteriza.

O proxecto está realizado por Aránzazu Paz López e Jose Manuel García Paz, arquitectos de DSÑ Arquitectura e contempla a pavimentación con pedra do país de toda a praza. Ademais, levarase a cabo o arranxo do acceso á praza con pedra e formigón, e dotarase toda a zona con mobiliario urbano, como aparcadoiros, bancos e árbores, que farán da Praza da Aldea un espazo agradable para a veciñanza.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará