Hoxe é Luns 6 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Urbaser habilita un número de teléfono exclusivo para a recollida de residuos voluminosos en Redondela

vertedoiro

O depósito de residuos fóra do lugar indicado pode conlevar sancións

Aquelas persoas que desexen desfacerse de residuos como electrodomésticos, mobiliario, colchóns ou outros residuos de gran tamaño deben chamar ao número de teléfono 986 388 111. Nese número indicaráselles o día, hora e lugar de recollida, que adoita ser o contedor máis próximo a súa vivenda. Estará operativo de luns a sábado en horario de 9:00 a 14:00 horas.

A empresa Urbaser, responsable da recollida do lixo en Redondela, acaba de habilitar un novo número de teléfono para o servizo gratuíto de recollida de mobles e enseres para particulares neste municipio.

O concelleiro de Infraestruturas e Sostibilidade, Roberto Villar, amósase satisfeito coa posta e marcha desta nova liña telefónica “que se utilizará en exclusiva par a veciñanza de Redondela”. O edil reclamara este servizo telefónico á empresa Urbaser “logo das queixas veciñais pola dificultade para contactar co anterior número da empresa”.

Desde a concellería advirten que este servizo non recolle outro tipo de residuos como entullos de obras, cerámica, podas vexetais ou pneumáticos pero si material que temos por casa e que Urbaser ten obriga de recoller gratuitamente.

Un servizo que busca evitar actuacións incívicas de individuos que deixan estes residuos abandonados no monte e que teñen dado lugar a vertedoiros incontrolados.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará