Hoxe é Xoves 2 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Sen vitorias no fútbol sala

pazos fs

Malos resultados para os equipos locais con dúas derrota nas preferente Galicia. Nin o Redondela nin o Campito foron quen de vencer aos seus respectivos rivais. Na Terceira División o Pazos tivo que contentarse cun empate ante o Coruña FS.

Pazos FS 3-3 5Coruña FS

Empate a tres tantos no partido disputado no pavillón municipal de Pazos no que os locais recibían ao equipo da Coruña. Os de Matilla suman un punto nun partido moi igualado e vibrante que, segundo explican dende o club, puido caer para calquera lado.

Ata en tres ocasións adiantáronse os coruñeses para desesperación do equipo vermello que tivo que esforzarse para conseguir bater aos porteiros visitantes.

Para a vindeira semana derbi no campo do Baíña. Unha cita na que os de Pazos parten con vantaxe, situados na décima praza da terceira división, xogan contra o pechacancelas do grupo.

Preferente Galicia

Bueu 5-1 Redondela FS

Avultada derrota para o Redondela que caeu por 5-1 na súa ivsita ao cmapo do Bueu. Asentados na metade da táboa, reciben na próxima semana a un rival directo, o Beade Coprefi

Campito Chapela 1-7 Marín Futsal

Tampouco o Campito foi quen de parar ao Marín que se impuxo claramente na súa visita a Chapela por 1-7. Cita complicada na vindeira semana para un Chapela afundido no pozo da clasificación, xa que malia repetir na casa reciben ao segundo da categoría, o Cesures.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará