Hoxe é Domingo 12 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Arrancan os ciclos de teatro infantil e de adultos no Multiúsos da Xunqueira

solo

Un total de nove obras conforman os ciclos que a Concellería de Cultura organiza de cara a achegar esta arte escénica á poboación de Redondela, independentemente da súa idade. “Vive o teatro” orientado a público adulto arrancará o sábado ás 20:00 horas con “Contos na lareira” de Rababiero Promocións e “Solo” de Roi Borrallas será a primeira proposta orientada a público infantil que se poderá ver o domingo  as seis. “Noites de Retranca” con Manuel Manquiña e Oswaldo Digón, “Deadpan Karaoke” de Ibuprofeno Teatro ou “C@nto Contigo” con Paco Nogueiras son outras das actuacións previstas, todas elas con entrada a 3 euros.

Os ciclos, que arrancan esta fin de semana, prolongaranse ata o mes de abril. Así en febreiro o público adulto contará coa obra “Noites de retranca”, un show de humor galego da man dos actores Manuel Manquiña e Oswaldo Digón. O mes de marzo comezará con “ReVolta”, unha proposta teatral para os “non tan pequenos” en Redondela da compañía Juanito e Filomena o día.

A seguinte cita será o 17 de marzo con Paco Nogueiras, quen ofrecerá o espectáculo infantil “C@nto contigo”, un percorrido polas súas cancións que convidan ao público a participar activamente. Pecharán o mes de marzo “Esas cousas marabillosas” de Empatía Teatro o día 30 e ao día seguinte, o 31, da man de Caramuxo Teatro chegará o título infantil “A nena que vivía nunha caixa de mistos”.

No mes de abril chegarán as dúas últimas propostas do ciclo de teatro en Redondela. A primeira, “Deadpan Karaoke” de Ibuprofeno Teatro o dia 6. O ciclo remata o 14 de abril ás 18:00 horas co espectáculo infantil “As palabras perdidas” de Invanti Teatro.

A concelleira de Cultura, Rita Táboas, agarda que tanto o ciclo para público adulto como o do público infantil “sexa un éxito, igual que en anos anteriores”. Sinala que en Redondela “hai moita tradición e moito gusto polo teatro, e desde o Concello esforzámonos por traer cada ano as mellores propostas do panorama galego cunha oferta variada e para todo tipo de públicos”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará