Hoxe é Venres 3 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela cobrará 140.000 euros a Audasa polo paso da AP-9 polo concello

ap-9

Este ano remata a bonificación do 95% do Imposto de Bens Inmobles da que se beneficiaba Audasa, a empresa concesionaria da autoestrada. Isto supón que o recibo por IBI pase de 7.027 euros –que era o que pagaba ata o de agora- a 140.553 euros.

O recibo da contribución que Audasa paga ao Concello de Redondela polo paso da autoestrada AP-9 incrementarase este ano dos 7.027 euros a 140.553. Este aumento é posible debido a que remata a obriga de aplicar unha rebaixa no IBI que ascende ao 95% e que os Concellos tiñan que aplicar por lei. Un Real Decreto de 2000 estableceu unha cláusula que establece a caducidade desa bonificación “a partir do día 19 de agosto do ano 2023 inclusive”, no caso das autoestradas de Galicia. Deste xeito as arcas municipais verán incrementada a recadación en concepto de Imposto de Bens Inmobles en máis de 133.000 euros no recibo actualizado a Audasa.

A alcaldesa, Digna Rivas, valora dun xeito moi positivo esta inxección económica para o Concello grazas á eliminación da bonificación á AP-9 por tratarse “dunha cuestión de xustiza, xa que Redondela, e especialmente Chapela, deben convivir a diario cos problemas que xera a autoestrada, que divide a parroquia”. O feito de ter que soportar esta infraestrutura verase agora recompensado co pago íntegro do imposto “o que redundará en máis ingresos para o Concello e a posibilidade de ofrecer máis e mellores servizos para a veciñanza”.

Para facer o cobro actualizado do IBI neste exercicio de 2024 non será necesario realizar ningún trámite, simplemente que a oficina de recadación traslade á empresa o recibo actualizado coa nova cantidade correspondente ao 100% do IBI.

A empresa terá que abonar 7 millóns aos 38 consistorios que atravesa o vial.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará