Hoxe é Venres 3 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Obradoiro para celebrar o Día da Ilustración nas Bibliotecas de Redondela

obradoirio ilustración

A Biblioteca de Chapela contará coa ilustradora da parroquia, Nusy Lo, quen se encargará de guiar unha sesión aberta de debuxo con nenos e nenas a partir de catro anos. A actividade terá lugar o martes 30 de xaneiro a partir das 18:00 horas con inscrición previa no teléfono 986 454226.

Co gallo da conmemoración do Día da Ilustración, data que se celebra o 30 de xaneiro polo aniversario do nacemento de Castelao, as bibliotecas de Redondela organizan diferentes actividades. Así durante a semana do 29 ata o 2 de febreiro na biblioteca do Multiusos instalarase un gran caderno de debuxo, onde se convida a todas as persoas usuarias a deixar a súa ilustración. Por outra banda, xa está aberto o prazo de inscrición para o obradoiro de debuxo que terá lugar na biblioteca do Piñeiral a cargo de Nusy Lo.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará