Hoxe é Venres 3 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Asociación cultural de Chapela denuncia o desmantelamento das actividades no Multiúsos do Piñeiral

multi chapela

Instan á alcaldesa, Digna Rivas, a reunirse con eles co obxecto de buscar unha solución á falta de espazos para desenvolver algunhas das súas actividades. Unha problemática que se agrava logo de que o Concello lles retirara a cesión de uso dunha aula no Multiusos do Piñeiral do Crego “ incumprindo tanto ordenanza de usos dos Multiusos, como o compromiso adquirido pola propia alcaldesa de devolver esta aula á asociación unha vez se trasladaran os servizos sociais que a estaban a ocupar temporalmente”.

A Asociación Cultural insta á alcaldesa, Digna Rivas, a que convoque unha reunión coas asociación da parroquia co obxecto de chegar a un acordo que beneficie a todos os colectivos implicados e poder así evitar “a perda dos catro postos de traballo dos monitores que impartían as clases como a perda de oferta de actividades e de espazos de uso común no Multiúsos”.
Lembran que a aula á que agora non teñen acceso funcionou durante anos como un espazo no que realizar actividades diversas das que eran usuarios un total de 170 persoas cada semana. A problemática remóntase ao ano 2021 cando a asociación paraliza estas actividades para instalar provisionalmente nesta aula as oficinas de servizos sociais durante o tempo que durase a remodelación das súa oficinas e “sempre co compromiso por parte da alcaldesa de volver a aula ao seu estado inicial unha vez finalizadas ditas obras”.
Con todo, denuncian que dito acordo nunca foi respetado. Aseguran que de forma unilateral o goberno local decide ceder esta aula a outras entidades “converténdoa nun aula de oficinas”. Engaden dende a asociación que se tentou manter unha reunión co Concello pero que nunca obtiveron resposta a súa petición polo que deciden reunirse co resto das entidades da parroquia presentándolle propostas encamiñadas a non perder a oferta cultural na que levan anos traballado.
“Propostas que convencen a todas as partes, polo que deciden solicitar novamente desde todas as asociacións implicadas unha reunión coa alcaldesa, concelleira de cultura e participación cidadá, para así evitar implantar a “solución” proposta desde o concello de retirar cesións de locais concedidas a unhas asociacións para cedelas a outras, e o total desmantelamento de actividades realizadas neses espazos ata o momento”.
Malia que xa pasaron meses sen recibir resposta, volven instar á alcaldesa a que se reúna con eles para tentar dar unha solución satisfactoria a esta problemática que prexudica a toda a veciñanza e, particularmente, aos usuarios das actividades que se impartína na aula 13 do Multiusos.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará