Hoxe é Luns 29 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O xulgado arquiva a denuncia de Digna Rivas contra o voceiro popular Javier Bas por calumnias

pp 1

O Auto do Xulgado decreta o sobresemento da causa e o arquivo das actuacións por non seren feitos constitutivos de delito, logo de que a alcaldesa presentara unha denuncia contra o voceiro do PP por acusala de firmar e enviar documentación manipulada co obxectivo de conseguir unha axuda para a reforma da praza de abastos. Bas amosa a súa satisfacción polo arquivo da querela mentres a alcaldesa lamenta que os políticos “teñan maior liberdade de expresión que os cantantes ou outros artistas aos que se lles coarta ese dereito”.

O Grupo Municipal do PP de Redondela amosa a súa satisfacción polo arquivo da querela por calumnias interposta por Digna Rivas contra o voceiro popular. Unha querela interposta pola alcaldesa o pasado mes de novembro despois de que Javier Bas denunciara supostas irregularidades cometidas na solicitude dunha axuda para a rehabilitación da Praza de Abastos.

Coñecida a decisión do xulgado, Bas indicou que “a Xustiza está para cousas moito máis importantes que para as rabietas da actual alcaldesa” e precisou que esta tentativa de xudicializar as liortas políticas mostra “o alto grado de nerviosismo de Digna Rivas no seu intento de ocultar a súa responsabilidade nas irregularidades detectadas”.

O Auto do Xulgado decreta o sobresemento libre e o arquivo das actuacións, por non ser feitos constitutivos de delito e recolle que “Digna Rivas, na súa condición de alcaldesa, firmou e enviou a documentación para a obtención da subvención que incorporaba documentación presuntamente alterada –sen prexuízo do que resulte da auditoría interna” e que o fai, engaden os populares “co seu coñecemento e consentimento”.

Conclúe o auto sinalando que debe prevalecer o dereito á liberdade de expresión xa que as frases proferidas por Javier Bas “non foron frases nin expresións aldraxantes ou ofensivas”.

Valoración de Rivas

A alcaldesa lamentou, tras coñecerse a resolución do auto, que os políticos “teñan maior liberdade de expresión que os cantantes ou outros artistas aos que se lles coarta ese dereito”. Con todo, dase por satisfeita porque entende que nas súas declaracións no xulgado o voceiro do PP “rectificou as súas acusacións” xa que tras acusar á alcaldesa de “firmar e enviar documentación falsa para obter unha subvención”, declarou ante a xuíza que a súa intención “non era dicir que Rivas elaborase ningún documento falso”. A alcaldesa con todo lamenta que o voceiro do PP siga “vertendo sospeitas infundadas sobre un expediente dos técnicos do Concello que é a miña obriga tramitar, porque de non facelo estaría prevaricando, e o señor Bas debería sabelo”.

Insiste tamén Rivas en que este auto do xulgado no que se arquiva a denuncia de Digna Rivas contra Javier Bas por calumnias, non entra a valorar en ningún momento a tramitación da subvención por parte do Concello de Redondela, tan só determina que “prevalece o dereito á liberdade de expresión do líder da oposición sobre o dereito á honra da alcaldesa”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará