Hoxe é Venres 3 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Chapela celebra a X edición do Ciclo de teatro afeccionado

ciclo teatro

Un total de catro obras pasarán polo Multiúsos do Piñeiral dentro dun ciclo organizado pola Asociación cultural de Chapela en colaboración coa Concellería de cultura. A primeira das citas será este sábado 13 coa comedia “Melocotón en almíbar” adaptación da obra de Miguel Mihúra a cargo da Escola de Teatro Rosalía de Castro. As actuacións serán en catro sábados consecutivos ás 20:00 horas con entrada de balde.

Este ciclo de teatro foi posto en marcha hai dez anos pola Asociación cultural e Social de Chapela co obxectivo de fomentar esta arte escénica na parroquia, e ao mesmo tempo suplir a carencia deste tipo de representacións en Chapela. Unha idea que desde o principio recibiu o apoio da concelleria de cultura de Redondela e que nos últimos ano ten acadado unha gran acollida entre o público con aforamento completo en todas as representacións.

Fernando Casas, Asociación deportiva e cultural de Chapela

Un respaldo do público que os animou a ir ampliando o ciclo cada ano e incrementando o número de actuacións. 

O programa arranca este sábado coa Escola de Teatro Rosalía de Castro e a obra “Melocotón en Almibar”, unha comedia na que non faltará o misterio. A segunda das propostas chegará o sábado 20 co grupo de teatro Eche o que hai e a obra “A verdadeira Historia da borrallenta”.

 O sábado 27 Teatro Fauno  interpretan “Os Veciños do lado” e pechará o ciclo a compañía A Moura,  de Chain Gondomar,  coa actuación “O vestido da noiva” o sábado 3 de Febreiro.

A catro xornadas desenvolveranse no multiusos de Chapela ás 20:00 con entrada libre ata completar aforamento. As entradas recolleranse na billeteira do propio multiúsos unha hora antes do inicio de cada función.
Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará