Hoxe é Domingo 19 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O CD Choco xógase o segundo posto contra o Portonovo

WhatsApp Image 2024-01-09 at 12.13.24

O CD Choco fai un chamamento en apoio ao equipo sénior no partido do próximo domingo, 14 de xaneiro, contra o Portonovo. Esta será unha xornada decisiva que podería facer ascender aos choqueiros do terceiro ao segundo posto.

A vitoria do CD Choco fronte ao Antela no campo de Santa Mariña serviu de empurrón para o equipo e a afección, despois dunha recha de 9 empates dos que 7 deles foron na casa. Cun resultado de 1 fronte a 0, suman os tres primeiros puntos do 2024 e ascenden ao terceiro posto da clasificación xeral.

A Presidenta do club, Virginia Ricón, móstrase satisfeita coa posición dos sénior e invita á xente ao primeiro partido da segunda volta que será “moi emocionante”. Xogan na casa contra o SD Portonovo, segundos da táboa con moi pouca diferencia de puntos cos de Redondela.

En canto as posibilidades de ascenso, a Presidenta asegura que “a ilusión e algo que nunca se perde, pero “non é o obxectivo principal”. O máis importante para o club é “ver reflexada esa ilusión nas categorías inferiores e devolver o sentimento de unión e familia”.

Contan con algunha baixa como a de Óscar Caramés, recén operado do ligamento cruzado e o disco, ou a do central Ronald que vai a ser substituído por Hugo Vázquez. Este último é un ex -xogador da base que recuperan despois de anos no Coruxo.

En canto ao resto de equipos do club, destaca os xuvenís que loitan pola permanencia en División de Honra. Moitos deles van a subir ao equipo sénior durante a tempada seguinte e formarán parte do absoluto despois de acumular “unha gran experiencia por ter xogado no máximo nivel da súa categoría”.

O domingo 14 de xaneiro hai unha cita importante no Campo Municipal de Santa Mariña. O CD Choco enfróntase ao Portonovo para conseguir arrincar os puntos necesarios e arrebatar o segundo posto aos de Sanxenxo.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará