Hoxe é Venres 10 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A xogadora internacional María Araujo dirixirá unha academia de verán de baloncesto en Soutomaior

maria_araujo_manu_lourenzo_cuco_rodriguez

A actividade desenvolverase nos meses de xullo e agosto nas instalación deportivas do Concello tanto no pavillón da Montesiña como no Campo de fútbol do Salgueirón. Araújo contará co preparador físico, Cuco Rodríguez. Unha iniciativa do Concello de Soutomaior que busca promover o baloncesto entre os maiores de 17 anos.

As clases impartiranse en horario de luns a venres de 9:00 a 12:30 e está destinada a xogadoras e xogadores a partir dos 17 anos que queiran mellorar o seu nivel no verán, tamén xogadores Juniors que queiran achegarse ao nivel que esixe o profesionalismo ou Seniors que queiran medrar tanto a nivel técnico como físico, así como recuperarse dalgunha lesión. Destinada tamén para xogadoras e xogadores que queiran continuar preparándose durante a época estival.

A matrícula pode facerse a través do formulario que poden atopar no instagram da Academia @academiamariaaraujo e o custe será 1 semana 280 € euros, 2º irmá 238 € e 3º irmá 224€, a 2ª semana terá un custe de 475€. Todos aqueles que se inscriban antes do 30 de marzo terán un desconto dun 15%. Máis información a través do enderezo electrónico academiaaraujo@gmail.com.

Esta Academia María Araújo inclúe roupa deportiva da Academia, adestramentos con profesionais que contan co Título Superior e experiencia demostrable en competicións oficiais, servizo de fisioterapia, actividades complementarias, seguro de responsabilidade civil e asistencia.

Neste evento deportivo as mañás dividiranse nunha parte técnica que se desenvolverá de 9:00h. a 10:30h. e nunha parte física, enfocada a mellorar a forza, que terá lugar de 11:00h. a 12:30h.

A parte do básquet, esta Academia caracterízase por complementar esta actividade principal con outras actividades lúdicas que fan aínda máis enriquecedora a experiencia.

A Academia María Araújo contará coa visita de adestradores e xogadoras con experiencia na Liga Endesa ACB que compartirán un día coas e cos participantes nesta primeira edición desta cita deportiva.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará