Hoxe é Luns 29 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Un atropelo en Chapela deixa un ferido leve

414949729_694948879440110_5619316530957497080_n

Axentes da Policía Local de Redondela interviñeron nun accidente de tráfico, onte pola tarde na Avenida de Vigo 174 en Chapela, respondendo a chamada do 112 Galicia. Por causas que investiga agora a Policía Local, un varón incorporouse a calzada cando un vehículo circulaba pola mesma producíndose o atropelo e deixando ao peón ferido leve.

No lugar, interviñeron tamén unha ambulancia do 061 quen trasladou ao viandante ao Hospital de referencia para unha mellor valoración.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará