Hoxe é Domingo 5 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Soutomaior abre o prazo de inscrición do Curso de Coidados Compartidos

414486259_766544928843266_5481232514208337735_n

O Concello de Soutomaior abre o prazo de inscrición do Curso Formativo de Coidados Compartidos. A cita terá lugar os mércores 20, 27 de febreiro e o 5 de marzo no Centro de Benestar Integrado (Multiusos de Arcade) en horario de 16:00 h. a 19:15 h.  Trátase dun curso, de balde, que está destinado a coidadoras e coidadores a partir dos 18 anos. Está enfocado aos coidados de persoas cunha demencia neurodexenerativa. A inscrición é en liña e está aberto o prazo ata o 9 de febreiro.

A formación está a cargo do Psicólogo Sanitario de Afaga Alzheimer, Gonzalo Soliño. No caso de precisar apoio específico derivado dalgún tipo de diversidade funcional, ou apoio técnico ou loxístico deberá comunicar esta circunstancia previamente á organización.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará