Hoxe é Mércores 15 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Álex Gourdon, a gran promesa de Moto GP

459b07f8-82eb-4ff1-85c6-53640b091ada

Álex Gourdon Rafael, de 16 anos, é o piloto máis novo da grella do Mundial JuniorGP Moto3 2023 acabando no TOP 20 .Tamén participou no Campionato FIM Europeo de Supermotard 2023 , gañando a carreira na rolda Española en Catalunya na súa “primeira” participación. O ano pasado acadou o título de subcampión na súa segunda carreira en Lombardia (Italia), levándose o premio ao mellor rookie.

A unha idade temperá, con 13  anos, as empresas máis  relevantes desta disciplina achegáronse a el para colaborar e apoiar a súa progresión deportiva. Entre os patrocinadores atópanse  Estrela Galicia, Alpinestars, Shark, Gestamp, Dagan off-road, MRF, Sagc ou Factory Suspension.

O seu irmán, Théo Gourdon, é o seu modelo a seguir. No seu primeiro ano de competición en 2020 xogouse o título de campión de España de Velocidade disputado no Circuíto de Jerez-Ángel Nieto, esta era a súa primeira competición e sorprendeu polo seu potencial. Totalmente recuperado dunha operación de fémur-cadeira que o apartou das pistas, este ano volverá a competir. Álex conta con compartir circuíto con el despois do Nadal e chegar a superalo.

O resto da súa familia  non é “tan moteira” e teñen más presente o perigo que implica un deporte de tanta velocidade. O piloto considera positivo ter un plan b, aínda que o seu propósito é poder dedicarse ao mundo do motor por completo.

Entre os seus obxectivos marca mellorar os rexistros e seguir sumando quilómetros e experiencia. Pretende repetir as marcas do Mundial JuniorGP Moto3  e aspira a ser o campión de España e de Europa de Supermotard.

Ten como gran soño participar no Mundial Moto GP e para iso terá que superar aos pilotos máis rápidos da súa categoría.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará