Hoxe é Luns 29 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Concello confirma que “todos os usuarios do departamento de Servizos Sociais contan con bolsa de comedor escolar”

4972e55c-4952-4d53-96cc-54b2e922cad0_16-9-aspect-ratio_default_0

Os alumnos de Infantil e Primaria, no novo comedor escolar.

Un total de 41 nenos e nenas de Redondela dos cursos de Infantil e Primaria contan con bolsa de comedor municipal neste curso 2023/24. Estas axudas da concellería de Servizos Sociais están destinadas a familias con problemática socio-económica, e cobren a totalidade dos gastos do comedor escolar.

A concelleira Iria Vilaboa explica que esta bolsa está dirixida “ao alumnado con praza no comedor escolar dalgún dos centros de ensino público que contan con este servizo, e que faga uso do comedor de maneira continuada un mínimo de 3 veces por semana”. Nas bases desta axuda establécense criterios económicos e de situación socio-familiar e cos informes do departamento de Servizos Sociais do Concello. Para o presente curso houbo un total de 95 solicitudes, dos que 38 xa foron excluídas da convocatoria por non cumprir cos requisitos. Finalmente son 41 os nenos e nenas que contan coa bolsa.

A partida para esta subvención é de 40.000 euros, logo de incrementarse o orzamento para o presente curso con 10.000 euros máis. O compromiso da concellería de Servizos Sociais e da alcaldesa, Digna Rivas, é “volver incrementar esta partida de cara ao vindeiro curso escolar para atender ao maior número de familias posible”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará