Hoxe é Venres 10 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os veteranos do Casa Paco calzan as botas na tradicional cita de Nadal

casapaco veteranos

Equipo do Casa Paxco que no 2021 se enfrotou aos veteranos do Celta

O equipo conformado por veteranos do club enfrontarase este sábado 23 ás 11:00 horas ao equipo da A.D Guizán. A cita será no Campo Manuel Conde e no campo poderemos ver a xogadores como Iago Bouzón, Pablo Couñago, Nacho Molinos, Platini e pais dos nenos e nenas que actualmente adestran no Club.

Unha actividade enmarcada dentro da programación de Nadal que organiza o Casa Paco e que inclúe recollida de alimentos a favor de Cáritas, que se poden doar tanto no Multiúsos da Xunqueira como no pavillón de Reboreda, e a entrega dunha placa de recoñecemento ao xornal Faro de Vigo polos 170 anos de dedicación ao deporte.

Tamén no Multiúsos e como unha pequena homenaxe a todos os artistas que colaboran cada ano co Club coa elaboración da súa postal de nadal, hai unha mostra das ta0072etas dos últimos anos.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará