Hoxe é Xoves 2 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O orzamento de Soutomaior supera por primeira vez os cinco millóns de euros

ORZAMENTO24' (1)

O goberno de Soutomaior aprobará no pleno deste xoves o orzamento do vindeiro ano no que se supera por primeira vez na historia os 5 millóns de euros. No mesmo inclúense importantes subas en todas ás áreas de gasto agás na relacionada cos gastos de goberno, contémplanse investimentos de preto dun millón de euros e conxélanse as taxas e impostos municipais algo que é posible “grazas á eliminación de gastos superfluos ou innecesarios”.

O Orzamento contempla 400.000 euros de fondos propios para investimentos, un 24% máis que o previsto no orzamento de 2023. Coas transferencias previstas doutras administracións, no vindeiro ano contará con preto dun millón de euros destinados aos investimentos que se investirán na instalación de saneamento e actuacións urbanísticas no ámbito rural e urbano.

No que ten que ver cos Servizos Sociais, o orzamento tamén recolle un aumento de ata 2.000 horas no Servizo de Atención ao Fogar (SAF) e unha suba salarial para todo o cadro de persoal municipal, cun incremento que ronda os 150 euros mensuais. O alcalde de Soutomaior, Manu Lourenzo, sinalou que “é un orzamento serio para un proxecto ambicioso. Un proxecto que ten en conta a toda a veciñanza e que non deixa a ninguén atrás”.

Por outra parte, o Orzamento conxela as actuais taxas e impostos municipais á veciñanza, ao tempo que aposta pola contención e eliminación de gastos superfluos ou innecesarios. “Esta reorganización do gasto é a que permite aumentar un 30% as partidas de sanidade, cultura, educación e deporte; un 14% nos servizos públicos básicos; e un 12% nas actuacións de carácter económico e infraestruturas” explicna dende o goberno.

De cara á elaboración deste documento económico asegura o goberno que “leva meses a manter reunións coa veciñanza e co tecido social do concello, co obxectivo de trasladar e consensuar as actuacións que o goberno de Soutomaior vai levar a cabo”. Neste sentido o alcalde subliñou que se trata dun “orzamento histórico, transformador, de progreso, eficiente e participativo. Un exemplo de boa xestión do diñeiro dos nosos veciños e veciñas, que vai permitir unha importante transformación de Soutomaior que beneficie a toda a veciñanza”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará