Hoxe é Xoves 2 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Contacontos co Iseo a Moura e Olga Cuervo na Biblioteca de Redondela

olga cuervo

Unhas actividades enmarcadas dentro do programa “Nadal total” organizado pola Fundación Filomena Rivero e qeu se está a desenvolver nas Bibliotecas de Redondela dirixidas a público familiar.

A proposta para hoxe mércores é con Iseo a Moura e o contacontos “A noite máis noite” orientado a rapazada a partir dos dous anos de idade. Unha actividade de balde na sala infantil no Multiúsos da Xunqueira este mércores ás 18:00 horas. O programa que chega ao seu remate o xoves coa tamén contadora e actriz Olga Cuervo. “Xa chegou o Nadal” orientado neste caso a rapazada a partir de catro anos, será o espectáculo encargado de pechar o programa que durante as últimas semanas se estivo desenvolvendo nas bibliotecas municipais da man da Fundación. A actividade é aberta con entrada libre ata completar o aforo, ás 18:00 horas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará