Hoxe é Venres 10 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A primeira San Silvestre Fest de Soutomaior confía en superar os 300 participantes

san silvestre

O Concello de Soutomaior vén de ampliar o prazo de inscrición na carreira que se celebra o vindeiro 30 de decembro. Así as persoas interesadas en participar poderán formalizar a inscrición na páxia web do concello ata o 22 de decembro. Unha cita, integrada na programación de Nadal, que xa conta con 280 participante e na que se inclúe tamén un percorrido adaptado para persoas con diversidade funcional.

A carreira, que se celebrará o último sábado de mes forma parte do Nadal das Persoas en Soutomaior e está destinada a todos os membros da familia. Así, poden participar todas as persoas maiores de 14 anos e menores desa idade sempre que vaia acompañados dun adulto. Unha carreira solidaria na que se  recollerán alimentos non perecedoiros o mesmo día da proba que logo se destinarán ás persoas máis vulnerables, repartidos por Cáritas Arcade e de Soutomaior e inclusiva porque responde á oportunidade de participación conxunta de persoas con e sen discapacidade, adaptándose ás posibilidades de cada corredor.

Así, as persoas con diversidade funcional poderá realizar un percorrido especial de aproximadamente 180 metros e haberá outras medidas de apoio como unha cadeira adaptada, prestada pola Deputación de Pontevedra.

Distancias

A distancia da carreira xeral de 2km, aproximadamente, nun circuíto urbano por asfalto pechado ao tráfico, o circuíto será o seguinte: Alameda de Talo Río – Rosalía de Castro – Xosé Solla – Rúa Calvario – Cruceiro Calvario- Rúa Lameiriñas – Rúa do Velero – Rúa Barroncas – Rúa Rosalía de Castro – Talo Río. O percorrido adaptado, para persoas con diversidade funcional será de 180 metros.

Será unha carreira onde non haberá́ clasificación de chegada, agás os tres primeiros homes e as tres primeiras mulleres que terán o seu premio vencellado co mundo do deporte, tamén haberá 2 premio ao mellores disfraces infantís, ata os 10 anos, 2 premio ao mellor disfrace xuvenil, de 11 a 17 anos, 2 premios a mellor disfrace de persoas adultas e 2 premio ao mellor disfrace colectivo. A maiores, para todas as persoas participantes daráselle unha tarxeta de desconto 5€ en sesión de adestramento persoal ou dietética con Lidia Mariño.

Actividades complementarias

Na xornada do 30 de decembro haberá actividades abertas a todo o público que queira practicar divertirse ou quentar, na Alameda de Talo Río, sen ter que inscribirse. O obxectivo é animar e dar ambiente e preparase para correr. Para isto ás 16.00 h terá lugar a Masterclass ZUMBA a cargo de AnimaOcio Miúdos, ás 16.30 h Masterclass bailes variados a cargo de Lucy Salsarrica  e ao finalizar haberá unha festa amenizada pola Disco Móbil DJ en Talo Río.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará