Hoxe é Xoves 9 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O magosto Sinha Paca celébrase este sábado no Viso

magosto

A plataforma de artistas e activistas Sinha PACA xunto co concello de Redondela celebra a V edición do seu magosto achegánsoe ao lugar da Gándara no Viso. Unha cita festiva na que ademais de castañas haberá moita música xa a partir das 12:30 coa sesión vermú, festa que se prolongará durante a tarde con xogos populares, pregón a cargo de Marcela Canela, veciña da parroquia, e festa final cos grupos “Tanto nos ten”, “Habelas Hainas” e o rapeiro local “Nani”. A xornada rematará co dúo de Pica-discos local “AshLeiras”.

Tempo de castañas e tempo de magostos. E así o celebran dende o colectivo Sinha Paca con esta V edición dunha festa itinerante que vai percorrendo parroquias e que nesta ocasión chega ao campo da Gándara no Viso en colaboración con asociacións do lugar como a Comisión de Festas do Carme de Soutoxuste, da Asociación de Veciños O eixo de Soutoxuste e a Sociedade Cultural do Viso. Berto Covelo salientaba o programa interxeracional que se vai desenvolver durante todo o día.

Berto Covelo, SinhaPaca

As actividades arrancarán ás 12:30 horas coa sesión vermú, amenizada polos grupos “Pandereteiras Terra Meiga” e o trío “Sindicato do  Folclore”. A continuación terá lugar o xantar popular ás 14:30, unha gran garavanzada (tamén con opción vegana) con reserva previa por whatsapp no número 679352585.

Os máis cativos terán a súa oferta específica con xogos populares a partir das 16:00 horas, roteiro familiar coa búsqueda na natureza de elementos naturais para despois construír un “Landart” colectivo e, de seguido, un obradoiro para crianzas de cancións e músicas do magosto.

A media tarde chega a danza africana e a continuación o “Coro Tirapuxa” de Trasmañó para chegar xa ao pregón ás oito da tarde que correrá a cargo dunha veciña do Viso, Marcela Canela. Logo da lectura arrancarán os concertos cos grupos tradicionais “Tanto nos ten”, “Habelas Hainas” e o rapeiro local “Nani” e, para rematar a festa, soará a proposta musical do dúo de Pica-discos local “AshLeiras”.

Non faltarán as castañas asadas de balde, un mercadiño de artesanía, espazo vegano, rosquillas e chouripán.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará