Hoxe é Sábado 18 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Nenos e nenas poñen en valor a corresponsabilidade nun audiovisual da Federación de Anpas

corresponsables

A iniciativa está enmarcada dentro do programa Corresponsables da Xunta de Galicia para fomentar a corresponsabilidade no ámbito familiar. Ademais da elaboración do vídeo protagonizado por alumnado dos centros públicos de Redondela tamén se está a traballar na organización de obradoiros orientados a país e nais de adolescentes.

O primeira das iniciativa foi a elaboración dun vídeo publicado no canal youtube da Federación no que os propios nenos e nenas falan do que significa para eles a corresponsabilidade. O vídeo busca concienciar á sociedade sobre a importancia de que todos os membros da familia participen nas tarefas domésticas e de coidado formando un verdadeiro equipo. Unha boa escolma de alumnado dos centros sentiuse “artista por unha tarde” nos ensaios para a posterior montaxe da man do Gabinete Amaturi e o estudo creativo XO liderado por Xoel Méndez Pérez.

A segunda iniciativa é un proxecto de Talleres Corresponsables para pais e nais de adolescentes. O obxectivo deste proxecto é proporcionar ás familias múltiples e mellores ferramentas de Intelixencia Emocional coas que acometer candanseu proxecto familiar. Este programa, levado a cabo polo Centro Marie Langer, compleméntase con intervencións experienciais cos adolescentes nas aulas nas que poder verbalizar cómo se senten en cada etapa vital.

“Cremos que a corresponsabilidade é un piar fundamental para a construción dunha sociedade máis xusta e igualitaria, afirma Patri Do Camiño, unha das coordinadoras, xunto con Xosé Manuel Lago por parte da Federación de ANPAS de Redondela. “Por este motivo, traballamos para promover esta cultura no ámbito familiar a través de iniciativas innovadoras que cheguen a todos os públicos”, engade. As dúas iniciativas contan co apoio do programa Corresponsables da Xunta de Galicia, que ten como obxectivo promover a conciliación da vida laboral, familiar e persoal ambas cunha resposta moi positiva por parte do conxunto da comunidade educativa.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará