Hoxe é Martes 21 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Cursos de formación para docentes para atender alumnado TEA

tea

O Conservatorio Victor Ureña acolle un curso de formación dirixido a profesorado e persoal dos centros de ensino público para mellorar o trato e a atención ao alumnado con Trastorno do Espectro do Autismo (TEA). O curso, organizado polo Concello, celebrarase en dúas xornadas, o sábado 25 de novembro e o 2 de decembro, en horario de 11.00 a 13.00 horas e estará impartido pola mestra e psicopedagoga especialista en pedagoxía terapéutica, Alba Pérez Fernández.

O obxectivo do curso é dar a coñecer as características básicas do TEA e a súa variabilidade en canto aos síntomas. Os participantes a poderán resolver as súas dúbidas e obter recursos prácticos para o día a día na aula.

A concelleira de Infancia, Pilar Martínez, sinala “a importancia de que os educadores teñan as ferramentas para identificar a nenos e nenas conTEA,así como técnicas de intervención pedagóxica con este alumnado. Unha necesidade urxente tendo en conta que o número de alumnos con TEA non deixa de medrar”.

A participación é de balde ata cubrir as prazas.As incricións poden realizarse no teléfono co Concello de Redondela, 986.400.300 ou a través do enderezo electrónico concello@redondela.gal.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará