Hoxe é Luns 29 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Desaloxado un edificio en Chapela por un incendio nun bar na Avenida de Vigo

bar piñerio

Os feitos producíronse de madrugada e afortunadamente tan só hai que lamentar danos materiais no local do bar Piñeiro situado na Avenida de Vigo. O lume orixinou ao redor das 4:30 horas nun lavalouzas e, por precaución, procedeuse a desaloxar aos veciños. O incendio quedou sufocado ás 5:45, hora na que os veciños puideron regresar as súas vivendas.

Susto o vivido na madrugada de hoxe en Chapela logo de que se producise un incendio nun local de hostalaría situado na céntrica rúa da Avenida de Vigo, nas inmediacións da Alameda da parroquia.

Segundo informan dende o 112 Galicia ningunha persoa resultou ferida a causa deste lume que queimou parte da barra do local situado debaixo do inmoble que foi desaloxado por precaución

Foi un particular que camiñaba pols proximidades do bar, que estaba pechado, quen alertou aos servizos de emerxencia tras observar que saía fume branco do seu interior. De inmediato, solicitouse a intervención dos Bombeiros do Porriño, o Ges de Mos e os axentes da Policía Nacional e Local.

Unha vez no lugar comprobaron que había fume nas escaleiras do edificio e procedeuse a desaloxar aos veciños. Os bombeiros traballaron para controlar e extinguir as lapas, tras o cal ventilaron os corredores do inmoble permitindo así que as persoas desaloxadas puideran regresar ás súas vivendas ás 5:45 horas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará