Hoxe é Luns 20 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O CR Chapela fai un chamamento a novas remeiras

369634463_786051990192754_6233153104675769647_n

O sábado 25 de novembro ás 10:30 horas no Centro de Deportes Acuáticos Chapela o club de remo da parroquia celebra unha xornada de portas abertas na que as persoas interesadas poderán probar a experiencia da man dos técnicos e deportistas do club.

A campaña está pensada para todas as categorías,  tanto femininas como masculinas, e pode probar quen queira sen necesidade de experiencia. Non obstante,  o presidente do club, Julio Prado, fai fincapé na necesidade de atopar remeiras maiores de 16 anos que apoien o grupo sénior feminino e que completen a agrupación. O técnico entende que “dunha tempada a outra pode haber moitos cambios e nestes momentos necesitamos recuperar os apoios para a equipa feminina e poder seguir avanzando na liga galega e na nacional”.

Prado puntualiza que “non se precisa experiencia previa e a integración é algo sinxelo se hai vontade”. Durante a xornada do sábado explicarán como funciona o deporte do remo, as distintas técnicas e formas de remar con seguridade e como traballan día a día. Se hai un grupo con ganas e o tempo o permite poderán saír ao mar ese mesmo día acompañadas de remeiras con experiencia. Dende a directiva explican que “so hai que traer ganas, roupa e chanquetas”.

A equipa feminina conta co título de campioas galegas en traiñeiras de de España en bateis. Nestes momentos xa están adestrando e o club presentará a comezos de decembro as equipas por categoría nun evento na Senda Verde para a prensa e para os veciños de Redondela.

Unha vez estean formadas as equipas poderán competir no campionato de Mecos, que serve de punto de partida para as competicións e para medir forzas entre traiñeiras doutros clubs de toda Galicia.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará